Termos e condicións dos billetes

VERSION: XANEIRO 2011

 

  1. Como axente de venda de billetes autorizado, Ticketmaster Spain SAU vende billetes en nome do Promotor que é quen organiza o evento e xa que logo este responde de aspectos tais como condicións de visibilidade, comodidade, acústica, accesibilidade...

  2. Non se permite a devolución do importe de billetes previamente adquiridos. A imposibilidade de asistir a unha actuación ou un erro ao realizar a adquisición non serán motivos válidos para proceder á devolución. Só se poderán cancelar billetes e proceder á súa devolución sempre e cando Ticketmaster Spain SAU reciba orde expresa do Promotor para tal efecto e que se adoita producir en casos como cancelacións, cambios de datas...

  3. A revenda ilegal (ou intento de revenda ilegal) dun billete constitúe unha causa para a incautación ou cancelación deste billete sen reembolso nin calquera outro tipo de compensación.
    Un billete non poderá empregarse para publicidade, promocións, concursos ou apostas, a menos que a empresa promotora do evento conceda unha autorización formal por escrito. O uso das marcas comerciais ou de calquera outra propiedade intelectual de Ticketmaster Spain SAU estará tamén suxeito ao consentimento expreso de Ticketmaster Spain SAU.

  4. Os cambios que se produzan con posterioridade á data de inicio da venda dos billetes tais como cambios de datas, local, artistas, cancelación... competen única e exclusivamente ao Promotor do evento. Unha vez coñecidos, Ticketmaster Spain SAU enviará unha mensaxe electrónica ao enderezo de e-mail indicado polos usuarios no momento da compra indicando os mesmos. Ticketmaster Spain SAU tamén informará destes cambios na súa web para que os usuarios e compradores estean convenientemente informados.

  5. Este billete emítese de acordo coas normas e regulamentos do recinto e do Promotor do evento. Todos os detalles están dispoñibles no despacho de billetes do recinto. A infracción de calquera destas normas e regulamentos, ou calquera outro acto inaceptable que poida provocar dano, perda ou agravio, dará dereito ao recinto ou ao Promotor do evento a expulsar o usuario do recinto.

  6. A empresa non se fará responsable de ningunha perda ou roubo de billetes.

  7. Queda prohibido o uso non autorizado de equipos fotográficos ou de gravación. Poderanse destruír as cintas ou películas obtidas. Tamén poden estar prohibidos os punteiros láser, os teléfonos móbiles, os cans (agás os guía) e mais a comida e bebida do cliente.

  8. O Recinto, o Promotor de eventos e Ticketmaster Spain SAU non se fan responsables de ningunha pertenza persoal.

  9. Os portadores de billetes dan o seu consentimento á gravación de vídeo e de son como parte do público.

  10. Os billetes pódense restrinxir a un número máximo por persoa, por tarxeta de crédito e, para algúns eventos, por familia. En caso de realizar compras contravindo esta norma en caso de existir, a empresa resérvase o dereito a cancelar os billetes comprados que superen este número sen previo aviso.

  11. Todos estes termos e condicións réxense pola lexislación española e calquera conflito derivado de calquera transacción con Ticketmaster Spain SAU estará suxeito unicamente á xurisdición dos Tribunais Españois.

  12. Calquera das cláusulas anteriores que sexa nula ou fose contraria á Lei, terase como non posta, restando as demais en vigor e con plena eficacia para as partes.

 

 

Política de privacidad | Condiciones generales © 1999-2014 Ticketmaster. Todos los derechos reservados.